Neste apartado da Web están todas as publicacións da UCETAG.
AUTOXESTIÓN COOPERATIVA 2006
Pomos nas súas mans a terceira edición de Autoxestión cooperativa, manual que encetou a súa andaina no ano 1996, froito das sinerxías de dúas iniciativas de formación no eido cooperativo.
Por unha banda, a Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (UCETAG), cun programa que pretendía consolidar o cooperativismo nas entidades asociadas a través de charlas e cursiños e para o que era preciso contar cun material didáctico. Material que era, tamén, unha ferramenta para os centros de ensino intersados en transformarse en cooperativas ou para promotores e promotoras de proxectos empresariais cooperativos neste sector de actividade, como guía neste proceso e para darlles unha visión do cooperativismo de ensino en Galicia.
Pola outra, a Federación de Cooperativas SINERXIA, co gallo da realización do programa Cooperativismo como fórmula de autoemprego, dirixido a mozos e mozas do ensino en Galiza. ...........
AL HILO DE LA PALABRA
ella pondrá dos piedras de futura mirada
Miguel Hernández
Antonio García Teijeiro y yo tenemos la misma edad -le saco alguos meses-, el mismo número de canas -¿alguien quiere contarlas?-, ambos nos emocionamos con la música, con toda la música -Paco Ibáñez por supuesto es punto y aparte-, amamos el mar -yo en la distancia- y ante un buen libro sencillamente se estremece hasta el último recoveco de nuestra alma. Los dos compartimos la pasión de escribir desde hace años; ya hemos publicado algunos libros, y nuestras palabras vuelan por ahí, como bolboretas de papel.
Lo que no sabía, y acabo de descubrir, es que Antonio y yo, mucho antes de conocernos, cuando éramos aún niños, o adolescentes ingenuos, o jóvenes sorprendidos, teníamos los mismos amigos. El vivía ya en Vigo. Yo vivía ya en Madrid. Nos separaban más de seiscientos kilómetros, que en los años sesenta eran mucho más largos que ahora. Pero a pesar de esa distancia, que era como un abismo inabarcable, teníamos....
COMO O MEU REFLEXO NUN ESPELLO
A choiva cae oblícua sobre a herba do xardín. O vento esculca tra-la persianas murmurando suavemente, moi suavemente.
Todo garda silencio, é realmente agradable. Vexo dúas luces lonxanas, parecen débiles e esmorecen no frío aire desta noite.
O meu cigarro consúmese rapidamente; como eu. Xa debe ser moi tarde. Aquí estase ben. De súpeto síntome estrañamente relaxada, gústame. Pero estou soa, nin sequera miña nai podería comprendelo. Ás veces penso que é o feito de vivir nun pobo coma este, pequeno, tristemente aburrido.
As campás da igrexa acaban de da-las dúas. Cando era mociña cría que alguén pasaba toda a noite esperto no campanario e que tocaa a cada hora, ata que vin os escanastrados megáfonos colgados aló enriva, no tellado con forma de cururucho.
Apago o cigarro no marco da ventá do faiado e érgome lentamente. Non debo facer ruído. Non quero nin pensar que me faría meu pai se me collese aquí nestas circunstancias. Xa mo estou imaxinando: entraría...
COOPERA
Caderno didáctico sobre os valores do cooperativismo
Introdución
As relacións de cooperación están presentes nas nosas sociedades, aínda que a miúdo son menos visibles e menos tomadas en conta que as dominantes relacións de competitividade. Con este caderno de traballo, quérese contribuír a achegar e valorizar a cooperación como estratexia de relación entre as persoas.
Este caderno pretende ser un apoio para o traballo nas aulas sobre a cooperación como forma positiva de relacionarse, de resolver conflitos e de potenciarse mutuamente.
NOS MARES DIVERSOS
Este libro que abres, lector, está cheo de prudentes asombros: A función primordial do poeta consiste en rexistrar as súas perplexidades transformándoas en verso e música. Antonio García Teijeiro consigna aquí, perante todo, o estupor polo ruído que embrutece os homes e que os aliena totalmente. Constatamos, entón, que o noso escritor non exclúe os sofrementos políticos. Empregamos, "político" na dimensión nobre do termo, quérese dicir, no sentido en que a dor no noso poeta man, tamén, do contacto coa cidade e cos seus moradores. Mais esa aflicción lévao a coñecer máis cabalmente e a manifestar:
É o mar da alma
que gravita nos praceres do asombro.
Aquí temos os símbolos que representan o escenario das penas incrustadas nas imaxes: o poema; e, tamén, o proscenio onde combaten os sentires: o corazón do artista. No primeiro, o autor fai caso ás súas inquietudes e plásmaas con rigor, con serena...
BUSES, PAPAVENTOS E OUTRAS HISTORIAS COOPERATIVAS
Semella que desde que nacemos estamos abocados a competir cos demais para acadar o noso lugar na sociedade: "ala, chupa, a miña bici é máis grande cá túa", "pero a miña é unha mountain vike, e a túa non..."
O que nos animou a facer eta banda deseñada foi precisamente presentar modelos máis solidarios, máis xustos e normalmente máis divertidos de relacionármonos.
Vaia por diante que as persoas que estamos detrás destas páxinas, especialmente os propios editores, a UCETAG, confesámonos auténticos forofos e forofas do cooperativismo. Non é de estrañar: as nosas cooperativas proporciónannos un traballo á nosa medida, algunhas dores de cabeza (tamén e certo) pero, en definitiva, unha valiosa aprendizaxe en común.
COOPERATIVISMO 1997
A idea de realizar un proxecto editorial das características do que ten Vde. nas mans xurdíu a iniciativa de:
1. A Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galcia (UCETAG), a través dun programa que pretendía, en primeiro lugar, achegar e consolidar o cooperativismo nas cooperativas asociadas á mesma (soci@s e alumn@s), por medio de charlas, minicursos... e no cal o material didáctico empregado cumprira o devandito obxectivo. En segundo lugar, que este manual servira a centros de ensino interesados en se transformaren en cooperativas e a promotor@s de proxectos empresariais cooperativos neste sector de actividade, con fin de orientalas neste proceso e darlles unha visión xenérica sobre a situación do cooperativismo de ensino en Galicia.
2. A Federación de Cooperativas SINERXIA, co gallo da realización do cooperativismo...
POLOS CAMIÑOS DUNHA PEDAGOXÍA DO SER
Bernar Dufeu ensinou francés na Universidade de Main en Alemaña desde 1966. É formador de profesores e psicodramatista. É co-fundador do "Centro de Psicodramaturxia" en Mainz que prepara a profesores en psicodramaturxia lingüistica.
A psicodramaturxia lingüística (PDL) oms`çorase mp `socpdra,a de J.L. Moreno por unha banda e pola outra na dramaturxia orientada na acción de Augutos Boal, entre outros. A PDL e unha síntese sumamente orixinal e para que o seu pedigrí non dea lugar a malentendidos, é preciso subliñar que se orienta cara a pedagoxía e non cara a terapia. Isto non quere dicir que se poida aplicar no seu conxunto por calquera profesor despois de ler este libro. Calquera técnica mal usada pode producir efectos non desexados. Os profesores....
A LEI DE COOPERATIVAS DE GALICIA E A SÚA INCIDENCIA NAS COOPERATIVAS DE ENSINO
1.- Introducción.
Ó introducirnos no estudio da primeira Lei de cooperativas de Galicia, parece oportuno comezar recordando que o Estatuto de Autonomía de Galicia non atribuía á nosa Comunidade competencias plenas en materia de cooperativas; Galicia, nun inicio, só asumía competencias de desenvolvemento e execución da lexislación estatal na materia. Deste xeito, a situación galega diferenciábase nidiamente da de outras Comunidades como Cataluña ou Euzkadi, que gozaban xa dende un principio de competencias plenas e exclusivas en materia de cooperativas.
A situación ata quí descrita, probablemente, supuxo un serio obstáculo para o desenvolvemento do cooperativismo galego,....
AUTOXESTIÓN COOPERATIVA 1999
A ide de realizar un proxecto editorial das características do que ten Vde. nas súas mans xurdíu inicialmente de :
1. A Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (UCETAG), a través dun programa que pretendía, en primeiro lugar, achegar e consolidar o cooperativismo nas cooperativas asociadas á mesma (soci@s e alumn@s), por medio de charlas, minicursos, etc. e no cal o material didáctico empregado cumprira o devandito obxectivo. En segundo lugar, que este manual servira a centros de ensino interesados en se transformaren en cooperativas e a promotor@as de proxectos empresariais cooperativos neste sector de actividade, co fin de orientalos neste proceso e darlles unha visión xenérica sobre a situación do cooperativismo de ensino en Galicia.
2. A Federación de Cooperativas SINERXIA, co gallo da realización do programa "Cooperativismo como fórmula de Autoemprego" dirixido a moz@as de ensino medio. ......